Vistas de página en total

sábado, 6 de abril de 2019

XORNADA 24

Primeira final para que poidan restar seis mais ata o remate do campeonato.
Os nosos, reciben en Pazos ó Vilalba F.S., equipo chamado a pelexar por cotas mais altas, pero que a día de hoxe transita pola parte morna da clasificación.
Non hai lugar a enganos, son un señor equipo, con D. Fente, José López...entre outros, e que normalmente se nos da de pena.
A liña de compromiso e sacrificio mostrada en Begonte, é o único camiño que nos pode levar a acadar estes tres puntos, e por conseguinte, a manternos vivos na pelexa pola liga.
Fran recupera a Jose, Vidal, e por fin, a Kuka baixo paus, pero non poderá contar nin con Jonas, votarase en falta a sua experiencia neste tipo de partidos, nin co pivot Sergio.
A boa nova, e o regreso a unha convocatoria de Pablo, en principio xa dispoñible para o "rush" final da competición.
Adri, asistente de Fran, comentaba tralo derradeiro adestramento: "Begonte debe ser un punto de inflexión, por todo, pola victoria, por de donde viñamos, polas circunstancias en canto a baixas e demais..." " esa victoria faise realmente boa gañando este partido na casa" " confiamos plenamente no plantel e na sua implicación".

S.D. PAZOS Fútbol Sala - VILALBA F.S.
DATA: 06-04-19 HORA: 18:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén

CONVOCATORIA:

  • Bizza
  • Kuka
  • Jose
  • Pablo
  • Jony Costas
  • Alexis
  • Jony
  • Vidal
  • Alex
  • Luis
  • Diego
BAIXAS:

  • Borja (lesión)
  • Sergio (motivos persoais)
  • Jonas (motivos persoais)

No hay comentarios: