Vistas de página en total

sábado, 13 de abril de 2019

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 4 VILALBA F.S.

Nova oportunidade perdida para a S.D. Pazos de seguir metendo presión sobre o líder da competición.
Esta vez, foi o Vilalba F.S. o que nos deixou coa mel nos beizos, logo de remontar o 4-1 que campeaba no marcador cando só restaban sete minutos para o final.
Así e todo, bo partido dos vermellos en termos xerais, exceptuando ese derradeiro tramo, unha tónica, que continua sendo habitual.
O Vilalba F.S. non deixou de competir, e iso foi o que lle permitiu volver a meterse no encontro, amosando condicións de sobra para ocupar un mellor posto clasificatorio.
Primer tempo solvente dos da casa, capaces de responder con contundencia ó gol inicial visitante, e donde se puido ver un equipo revosante de ambición.
3-1 favorable ó descanso, e con idéntica mordente que se afrontaba o segundo.
O 4-1 nos compases iniciais, auguraba unha tarde tranquila, pero todo se torcería no minuto trinta e tres.
Xa deixáramos un chisco de lado a intensidade, adicándonos a contemporizar, e en dous erros de concentración, o Vilalba que se puña en disposición de poder puntuar.
No trinta e oito, o porteiro-xogador volvería a resultar fatídico para os locais, que perdían dous puntos seguramente fundamentais.
Para mais desgraza, lamentar a lesión de Alex durante o transcurso do choque. Unha luxación de cóbado que o afastará das pistas algún tempo, xusto cando atravesaba o seu mellor momento da tempada. ÁNIMO Alex¡¡¡.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Alexis(2) - Jony(1) - Luis(1) e Diego; Bizza, Pablo, Jose, Jony Costas, Jonas, Vidal e Alex.
VILALBA F.S.: Santiago - José López(2) - Rubén - Antón e Diego Fente; Areñas, Aitor, Roberto, Francisco, Asier(1), Paulo e Nuno(1).

GOLES:

  • 0-1 (min.14) Perda en media pista, contragolpe, e pase o segundo pau que empurra Nuno.
  • 1-1 (min.15) Luis caza un rexeite na área pequena.
  • 2-1 (min.16) Luis rouba en medio campo, xogada persoal en velocidade, e pase da morte cara atrás que finaliza Jony.
  • 3-1 (min.17) Alexis combina con Jony que lla deixa pisada de costas, e definición do once cunha punteira cruzada ante a saida do porteiro.
  • 4-1 (min.25) Centro-chut de Jony dende a lateral, e Alexis que segue a xogada, remacha á rede.
  • 4-2 (min.33) disparo que bate na man de Alexis dentro da área, e posterior penalti que transforma José López.
  • 4-3 (min.33) Saque de banda directo ó segundo pau, e José López que a mete co hombreiro sobre a liña.
  • 4-4 (min.38) Elaboración co porteiro-xogador, pase interior que desvía Kuka, pero a bola cae ós pes de Asier que a manda á rede.




No hay comentarios: