Vistas de página en total

lunes, 11 de abril de 2016

S.D. PAZOS Fútbol Sala 9 - 7 RIBEIRA F.S.

Tiña que ser así, non podía ser doutro xeito que a S.D. Pazos Fútbol Sala quedase campeón da terceira división do fútbol sala nacional. ÉPICO, foi o vivido o sábado en "ANFIELD".
O equipo sufriu e fixo sufrir a toda a afición, como só aquí estamos acostumados. Pasouse de nada a todo en segundos, loitando e aferrándose ó título ligueiro con uñas e dentes.
Para ser campeón tíñanse que dar duas circunstancias. Primeiro, que nos gañásemos o noso encontro, e despois esperar a que o Superti non o fixera no seu, e así aconteceu.
Advertíramos no previo que os rivais ós que nos enfrentabamos ambos eran de aupa, e vaia se demostraron selo. O Ribeira fíxonolas pasar canutas, xogando a polos tres puntos e pelexando ata o final. E que podemos dicir de a A Estrada Futsal, plantouse en A Pontenova, e sacou tres puntos de onde antes non o fixera ninguén.
Hoxe tócanos a nós saborear o triunfo, como de seguro noutra ocasión lles tocará a eles, porque tomándose así os partidos, acábase tendo premio. Con estas actitudes, sen dúbida dignifícase a competición.
O noso choque foi de ver. Adiantámonos no marcador, remontáronnos, empatamos, vapuleáronnos ata porse 2-6, e ainda fomos capaces de repornos e gañar, INCRIBLE¡¡¡.
Comezamos ben o partido, con ritmo e creando perigo en área rival.
Co paso dos minutos, os visitantes foron crecendo, e entón chegou o gol de Borja.
En lugar de dar tranquilidade, sucedeu todo o contrario, e quixemos rematar o encontro pola vía rápida.
Dous erros por tolear, puxéronnos por debaixo, e a partir de ahí, vinte minutos de auténtico calvario.
Empatou Luis, e volveu a ocorrer o mesmo, mais erros e 2-4 ó descanso.
Pintaban bastos. Poucos crían na victoria nese intre (si o facían Bizza, Torres, Mouso, Dani, José, Nesto, Mon, Fran...e como non, os/AS que están ahí SEMPRE).
Saimos a por todas, e zas¡, erro, e outro gol en contra. Ata 3-7 nos chegamos a por.
O equipo estaba ó borde do KO, con este marcador, e a tan só dez minutos do final. Enton xurdiu o ADN Pazos.
Porteiro-xogador á pista e a dar absolutamente todo. Desfíxose en entrega o equipo, apoiado nos berros da bancada.
O Ribeira, seguía ó seu, pero non puido coas gañas vermellas. Un tras outro, fomos recortando distancias, cun Luis en estado de graza.
Jonas, Marcos F, Jony, Borja, Breixo, Esteban...agora si criamos todos.
Co 7-8, a falta de dous minutos, tocamos o ceo, ainda que o seu porteiro-xogador a falta de excasos segundos, a piques estivo de deixarnos coa mel nos beizos.
Non podía ser, era o noso momento. As noticias dende A Pontenova proclamávannos CAMPEÓN DE LIGA 2015/2016.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F. - Jonas(1) - Jony(1) e Luis(6); Bizza, Torres, Mouso, Dani, Breixo e Borja(1).
RIBEIRA F.S.: David - Fran(1) - Gago(2) - Marcos e Jairo(1); Carlos, Pablo(3), Cancio, Quintela e Alberto.

GOLES:
1-0 (min.9) Borja caza un rexeite a bote pronto ó borde da área e enchúfaa na rede.
1-1 (min.10) Tiro exterior que para Esteban, pero o rexeite caelle franco a Pablo que marca.
1-2 (min. 11) Acción de pivot de Pablo que anota por alto.
2-2 (min. 14) Saque de banda rápido de Jonas cara Luis, tiro cruzado deste, pau e adentro.
2-3 (min.16) Dobre-penalti que convirte Jairo.
2-4 (min. 17) Roubo e contragolpe que materializa Fran tras acción colectiva.
2-5 (min. 23) Balón en longo, dubida Esteban na saída, e gol de cabeza de Gago.
2-6 (min. 27) Gago empurra unha asistencia ó segundo pau.
3-6 (min.28) Dispara Jony, e rexeite do porteiro que aprobeita Luis.
3-7 (min.29) Pablo define ante Esteban tras desfacerse de Jony.
4-7 (min.30) Jonas executa unha pena máxima sobre Borja.
5-7 (min.31) Asiste Luis en xogo de cinco, marca Jony por entre as pernas do meta.
6-7 (min. 34) Punteirazo exterior de Luis que se clava polo pau longo.
7-7 (min. 35) Nova uña de Luis dende algo mais da liña de puntos, que entra tras pegar no longueiro.
8-7 (min. 38) Luis rouba unha bola, e marca de tiro cruzado.
9-7 (min. 39) Saque longo de Esteban a Marcos F. que cede a Luis, para que anote a pracer.

*Nos vindeiros días faremos un resumo xeral do que foi esta liga, porque a tempada non rematou. Queda a Copa da que pasaremos cumprida información, e como non, a fase de ascenso á Segunda División B.
Agora toca disfrutar dun éxito sen precedentes na historia deste humilde club. NORABOA A TODA A FAMILIA VERMELLA¡¡¡.





11 comentarios:

Anónimo dijo...

como vuestros mister solo me queda rendirme ante vosotros una vez mas,os lo mereceis,por actitud,entrega y dedicacion y como no,mencion especial a luisito por hecharse el equipo a la espalda y a la gente que menos juegan que vibraron como nunca y animando hasta la extenuacion el el banquillo,lo dicho,gracias equipo y orgullosisimo que estoy de todos y cada uno de vosotros,ahhhh y a la aficion una vez mas de 10,mil gracias y os esperamos para lo que biene que promete ser emocionante.

Anónimo dijo...

Sois enormeees!!! Pero aún no está todo echo, ahora a ganar en la fase de ascenso que con este equipo todo es POSIBLE. ¡¡¡QUE SI, JODER, QUE VAMOS A ASCENDER!!

Mon dijo...

Sin palabras, ENOOORMEEESSSS!!!!!

Anónimo dijo...

En tercera no hay fase de ascenso, se asciende directo

Anonimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

http://pazosfutbolsala.blogspot.com.es/2015/03/a-estrada-futsal-7-2-sd-pazos-futbol.html

Anónimo dijo...

En este grupo, este año al ser menos de 14 equipos, sí la hay

Anónimo dijo...

Lusito se Echara el equipo a la espalda. Y emocionante sera lo que Viene.

Anónimo dijo...

Y contra quien juega la fase de ascenso?

Anonimo dijo...

Antes de nada enhoraboa polo campeonato.
Pero sí me gustaría decirvos que nin antes eramos tan malos nin ahora tan bos (en referencia o publicado nesta web o ano pasado hacia nos) nos sempre competimos o máximo e con deportividade dándonos igual o rival.
O dito enhoraboa e a polo ascenso.
Marcos Sesar

Administrador dijo...

Moitas grazas Marcos. En canto ó partido ó que te refires, e sen que serva de xustificación, decir que nese momento foi a percepción que tivemos. Evidentemente sen pretender meter no mesmo saco nin a tódolos membros do voso plantel, nin moito menos ós da vosa afición. Como sabes tamén, nestes tres últimos anos xogamos polo menos en cinco ocasións mais contra vós, con empates e victorias para ambos, e todos eles foron tratos nesta web co maior respeto. Repetir que nós entendemos o deporte como ti dis, tratando de competir en tódolos choques por igual e sen ter en conta o que pode estar en xogo ademáis dos tres puntos. Por iso alabamos o voso comportamento, igual que o facemos co do Ribeira ou o ABC. Un saudo e felicitar a A Estrada Futsal por outra notable campaña.